English
Français
Gallego

Ourense

A CIDADE DE OURENSE

CAPITAL LITERARIA

Apodada como a Atenas de Galicia, Ourense non só é berce dunha importante nómina de artistas, literatos e poetas que aquí viviron e escribiron. Inmortalizada nas páxinas de autores como Eduardo Blanco-Amor, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Curros Enríquez ou Carlos Casares,Ourense é a cidade literaria por exelencia de Galicia.

Un percorrido polas súas rúas é unha auténtica lección de historia: aquí publicouse a gramática de Saco y Arce, a primeira escrita íntegramente en galego e tamén o primeiro xornal en galego, O Tío Marcos d’Portela, en 1876.

No número 21 da rúa da Paz, viviron Otero Pedrayo e Vicente Risco, dous dos nomes máis destacados da Revista Nós, publicación que viu a luz por vez primeira en 1920 e que revolucionaría a cultura galega para sempre. A primeira tradución de Joyce en España, foi publicada nesa revista. A Xeración Nós nace en Ourense e conecta a Galicia con Europa e co mundo.

En pleno centro, na rúa dos Viños, atopamos a praca que lembra donde naceu o escritor Eduardo Blanco-Amor, cuxa pluma deu vida a Auria, o trasunto literario de Ourense. Blanco-Amor, que viviu en Bos Aires e viaxou por toda América, centrou a súa obra, en galego e castelán, na cidade de Ourense, elevándoa á máis alta categoría literaria.

                                        

Ademáis destes autores, durante o Congreso homenaxearemos a José Ángel Valente, ourensán universal que destacou nas letras españolas como poeta e que quixo ser soterrado na súa cidade, e a Carlos Casares, notable narrador en lingua galega e impulsor do PEN de Galicia, do que foi presidente entre 1996 e 1999.

ASOCIACIÓN EUROPEA DE CIDADES HISTÓRICAS TERMAIS

En decembro de 2009 Ourense convertiuse nunha das seis cidades fundadoras da Asociación Europea de Ciudades Termais Históricas. Constitúese así a EHTTA (European Historic Thermal Towns Association, en inglés) como primeiro e único órgano europeo que aglutina as cidades con patrimonio termal; unidas na defensa, salvagarda e posta en valor dos seus recursos ante a Unión Europea e o resto do mundo. A EHTTA, asociación europea permanente sen ánimode lucro, establece como o seu obxectivo principal «a constitución firme dunha rede de vilas de recoñecida tradición termal e patrimonio que permita impulsar e salvagardar o termalismo, incidindo tamén na definición de políticas de promoción e realce creativas e innovadoras».     

Tres anos despois, a EHTTA conta xa con máis 25 cidades adheridas a esta rede que contribúe á construción de Europa a través dun nexo común, a auga. As orixes e historia termal destas cidades oriéntase agora á industria turística, nunha aposta polo desenvolvemento económico e a sustentabilidade. Un turismo sustentable que remite á natureza, a cultura e ao ritmo pausado: un sector emerxente cuxa promoción e desenvolvemento é a razón de ser desta rede comunitaria.

Máis información: www.ehhta.eu