English
Español
Français

Presentación

82 CONGRESO DO PEN INTERNACIONAL EN OURENSE 

 

Os escritores do Centro PEN Galicia temos a enorme satisfacción de acoller aos nosos compañeiros do PEN Internacional en Ourense, a cidade máis literaria de Galicia, moi significativa en canto a autores e iniciativas para a previvencia da literatura na lingua propia deste país, o galego. Galicia acolleu á gran familia do PEN en 1993, aquel congreso en Santiago de Compostela foi un éxito e un referente para a nosa organización mundial. Agora, por segunda vez, e con grande esforzo, asumimos o compromiso de xuntarnos en Ourense, unha cidade histórica e cunha tradición cultural que se remonta á Idade Media. Traballaremos xunto co PEN Internacional para que este evento responda ás espectativas de todos os centros participantes. Dámosvos desde xa a benvida e iremos informando, a través deste medio, das actividades que conformarán o programa.

 

ERGUENDO PONTES LITERARIAS

 

A literatura en lingua galega, unha das máis antigas de Europa, quere nesta ocasión servir de ponte entre o mundo hispánico, especialmente as expresións literarias de Iberoamérica e a lusofonía. Por iso, o lema do Congreso e o noso afán en que todos os que concorran a Ourense, cidade situada a escasa distancia de Portugal e integrada na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, ofrece as mellores condicións, a comezos do outono, para que exista un diálogo e un contacto máis profundo entre eses dous grandes fenómenos literarios. Galicia, Ourense, é a mellor ponte para que os autores, os editores, os lectores e todos os axentes que participan da creatividade e que defenden a liberdade de expresión como bandeira, aporten a mensaxe de liberdade, paz, de xustiza da que tan necesitada está a humanidade. 

Contenido más reciente en: